AS CACICADAS DO CONCELLO DE MAZARICOS

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 84666 Compartes

Boas:
Parece ser que despois do último pleno no Concello de Mazaricos, levantou moita espectación pola batería de preguntas do voceiro do PP, ao alcalde (NG) a B do bloque xa hai tempo que deixou de ser, en todo caso sería unha UPG escueta. Preguntou entre outras moitas cousas, polo gasto en redes sociais ( máis de 40.000€/ano) sufragados cos cartos de tódolo/as veciños e Veciñas a unha empresa "externa" do traballo que antes xa viñan desempeñando os propios traballadores do concello. Tamén lle preguntaron sobre as contas da financiación municipal á asociación gandeira entre outras cuestións, ante estes interrogantes, o alcalde NON SOUBO DAR RESPOSTA NIN CONCRECIÓN NINGUNHA, e moi nervioso, e alterado con palabras escuetas tratou de escudarse saindo pola tanxente, sacando inmediatamente nun xornal dixital a noticia de que "non se debate o orzamento e preguntan polo gasto".
Sr. Alcalde:
Seguramente vostede non é moito de contas... pero cando se pregunta polo gasto tamén se cuestiona o orzamento, xa que se entende que o gasto municipal sae dos orzamentos, verdade? se fora fora doutra maneira, por favor, fáganolo saber ós veciños ( parece ser que vostedes non o entenden así, e se poñen moi nerviosos cando lles preguntan polos gastos e adxudicacións, ( iso nótase ben cando os dóbermans "beganianos" saen en tromba nas redes sociais facendo unha defensa a ultranza do indefendible)
Preguntar é obriga inexcusable da oposición! ainda que a vostellws lles moleste que se fagan preguntas.
Despois de isto, e para ir rematando, aprobados os segundos orzamentos desta lexislatura polo BNG, gozando da súa maioría absoluta, a maiorí dos veciños tan solo se poden resignar vendo como todo aquilo que vostede prometia en campaña parece ser que o levou o vento...
Vendo como se fan as privatizacións encubertas dos traballadores municipais que viñan prestado servicios, son suplidos sistematicamente por empresas amigas afíns o partido que se lucran dos cartos de tódolo/as veciñ@s de Mazaricos, priorizando este goberno o partidismo e amiguismo duns poucos (como me dixo fai uns meses un votante do BNG, os favores das campañas electorais ten que devolvelos si ou si)
Para este goberno parece ser que prima o goberno tipo " cortijo" por riba dos intereses e do bén común de todolos que vivimos neste concello.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty