MAZARICOS, O AMIGUISMO E A OPACIDADES DÁS CONTAS PÚBLICAS SAIRON A RELUCIR NO ÚLTIMO PLENO

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 6386 Compartes

Despois do último pleno no Concello de Mazaricos que levantou moita espectación entre a veciñanza pola batería de preguntas do voceiro do (PP) Nico Almallo ao alcalde (BNG) Xoán Branco. Parecece ser que despois de estes meses de gracia que a oposición popular tratou de dar o goberno frentista, e visto a deriba nunha nefasta xestión municipal, colmaron os límites do PP. O lider popular Preguntou entre outras moitas cousas, polo gasto en redes sociais e publicidade (máis de 40.000€/ano) sufragados cos cartos de tódolo/as veciños e Veciñas a unha empresa "externa" resulta que este traballo o viñan desempeñando anteriormente os traballadores do concello e o poderían seguir facendo. Tamén lle preguntou o rexedor sobre as contas da financiación municipal á asociación gandeira, ante estes interrogantes, o alcalde NON SOUBO DAR RESPOSTA NIN CONCRECIÓN NINGUNHA, e "moi nervioso, e alterado", con palabras escuetas tratou de escudarse saindo pola tanxente, sacando inmediatamente nun xornal dixital a noticia de que "non se debate o orzamento e preguntan polo gasto".

OS POPULARES RESPONDEN

"O Sr alcalde non é moito de contas... pero debería saber que cando se pregunta polo gasto, tamén se cuestiona o orzamento, xa que se entende de sobra que o gasto municipal sae dos orzamentos públicos do concello ( parece ser que no BNG non o entenden así, e se poñen moi nerviosos cando lles preguntan polos gastos e adxudicacións opacas que rozan cando menos, a alegalidade. Preguntar é obriga inexcusable da oposición! Ainda que o alcalde lle moleste que se pregunte a que se destinan os cartos de tódolos veciños de Mazaricos".
Aprobados os segundos orzamentos desta lexislatura polo BNG, gozando e primando a súa maioría absoluta, unha gran parte dos veciños tan só poden resignarse vendo como todo aquilo que se prometia en campaña, levouno o vento...

Vendo como se fan as privatizacións encubertas dos traballadores municipais que viñan prestado os servicios, e que son suplidos sistematicamente por empresas amigas afíns o BNG, que se lucran dos cartos de tódolo/as veciñ@s de Mazaricos, xa que este goberno prioriza o partidismo e amiguismo duns poucos que se benefician dun concello que se asemella cada vez máis a un cortijo que a casa do pobo. Os favores da campaña electoral hai que devolvelos!

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty