A Banda de gaitas Xarabal e a Real Banda de gaitas de Ourense ofrecerán un concerto conxunto

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 67339 Compartes

Ambas formacións desenvolverán unha colaboración co fin de buscar o remate a un enfrontamento musical iniciado fai varios anos.

Nunha xuntanza promovida polo director da banda da cidade das burgas, Xosé Lois Foxo, no que convocou qo presidente da formación viguesa, Roberto Giráldez, aproveitando o espírito das festas de Nadal, ambos responsables chegaron a un acordo para dar un remate definitivo á chamada «Guerra das Gaitas» que tanta repercusión mediática xerou fai uns quince anos.

Este espírito de concordia terá o seu comezo cun concerto de ambas formacións que se celebrará o vindeiro 17 de maio no incomparable marco do auditorio de Castrelos, na cidade de Vigo, con entrada de balde para todo aquel que se quera achegar ao inicio dunha data histórica para a música galega.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty