Canes maniféstanse en Labañou e destrozan un cubo do lixo

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 77638 Compartes

Sobre as 21:02 do luns 26 de decembro, un grupo de entre 15 e 985 cans e un portugués, concentráronse no campo municipal da Coruña, Virgen del Carmen.

Os seres vivos de entre 0 e 14 anos congregáronse no campo ao ladrido de "non máis lealdade caghando na oscuridade". Aseguran que a pesar de ver na oscuridade moito mellor que outras especies, consideran pouco digno ter que defecar nestas condicións.

Grazas á licenciada en tradución e veterinaria en prácticas do concello, púidose traducir a opinión dos reveldes. A súa representante, unha cadela cruce de caniche con bichón frisé chamada Laica, afirmaba que "se non se atopa unha solución pronto, non nos quedará máis remedio que tomar medidas no asunto e apagar a luz dos nosos donos cando estén levando os nenos á piscina, é decir, plantando un piñeiro".

A cousa non quedou nunha simple manifestación pacífica de disconformidade. Varios canes sen microchip terminaron por roer unha das antiguas papeleiras do campo deixandoa inservible.

Ao final da noite, cans policía irrumpiron agresivamente no Virgen del Carmen mordendo aos insurretos e intentando aparearse coa perna do portugués ata que non quedou ninguén no campo.

Un dos detidos chamado Trotsky denunciou ante as cámaras "esto non vai quedar así, mexaremos nas rodas que faga falta. Ademáis non estamos soas, compartimos problemática cos corredores solitarios circulares e as pacíficas xogadoras Futebol Gaélico do Cascarilha coas que compartimos territorio, que non pararán de protestar ata que se queden xordas de tanto chamar ao 010".

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty