O BNG de Mazaricos cerrará o colexio do Pino do Val para instalar unha fabrica de Iphones.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 40546 Compartes

O alcalde propúxolle unha votación a man alzada os rapaces, e a cambio de que voten a favor do peche, daralles unha bolsa MZ cargada de chuches e gominolas.


Parece que estes días a política mazaricana volve a andar revolta co goberno nacionalista a fronte do concello, despois de asistir en escasos dous anos de mandato, a dimisións, privatizacións encubertas dos servizos públicos, adxudicacións a dedo a membros do partido por valor de milleiros de euros, e as diversas leas internas... Os veciños volven asistir con estupor a nova idea do consistorio municipal de pechar o colexio público C. E. I. P. Pino do Val, para instalar no seu sítio unha fábrica de moviles IPHONE. Segundo as fontes consultadas por este diario a membros do goberno do bloque, obtivemos a seguinte resposta sobre o asunto:
" Chamáronos o concello falando nun inglés raro, o primero pensamos que era algún peregrino que se perdera pola zona da Abeleiras ou Lago, pero despois de conectar o traductor MZ de Google, chegamos a conclusión que era un dirixente da compañia APLE dende EEUU, preguntando se teriamos sítio para montar unha fabrica de moviles en Mazaricos. Dado que o noso viveiro de empresas está abarrotado polos centos de empresarios que se instalaron grazas as nosas suculentas subvencións, decidimos que había que cederlle ou o polideportivo da Picota ou o colexio do Pino, finalmente decidímonos polo colexio, xa que este conta con calefación de gasoil, que sabemos que aquí os invernos son duros."

En canto os rapaces do colexio, o goberno do BNG mazaricán barralla dúas opcións, ou traslado para o colexio da Picota, ou ofrecerlle un posto de traballo con contrato de aprendiz na futura fabrica de IPHONE que se instalará no colexio do Pino.

Dende o goberno do BNG local, tamén expoñen que os nenos xa estudaron de abondo, e con un par de galas máis da MZ estarán listos pra ir polo mundo adiante, e introducirse no mundo laboral ao igual que o fan os rapaces de China ou Bangladés. segundo o responsable de emprego nacionalista dixo "agora o importante e crear emprego no municipio como o BNG prometeu en campaña".

Seguiremos informando.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty