A direción de Jealsa e o comité de empresa pechan as negociacións coa incorporación do método da flaxelación

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 14318 Compartes

O pasado venres, a direción de Jealsa Rianxeira, encabezada por Jesús Alonso senior, e o comité de empresa, deron por rematadas as negociacións que os ocuparan durante o último mes.

As negociacións comezaron ante o descontento dos traballadores por unha polémica decisión adoptada polo presidente da corporación. Ante a caída da produtividade da planta do Bodión que se viña rexistrando dende o inicio do ano, propuxo a incorporación dun método que revertise esta tendencia negativa: o uso semanal do flaxelo con cada un dos traballadores da pranta, coa posibilidade de levar a cabo cantas sesións punitivas precisase no caso de conducta indebida. Xesús Alonso defendía así a medida: „Esto [o descenso da produtividade] no me pasa en las plantas que tengo en el Brasil y Guatemala, y es que allí he podido aplicar la flagelación sin consecuencia alguna, la aceptan sin rechistar. Buena gente y trabajadora, espero que los boirenses tomen ejemplo“.

Os traballadores amosáronse contrarios á medida, e comezaron unhas xornadas de protesta que pronto desenvocaron en reunións entre o comité e a direción. Este venres ambas partes anunciaban un acordo. Por unha banda, manterase o método motivador, reducindo a súa aplicación a unha vez por semana e rexeitando calquera aplicación adicional. Por outra, Alonso acordou pagar un día máis nas festas patronais de Boiro, que será o xoves catro de xullo deste ano e no que traerá un artista de recoñecemento internacional. Esta foi unha condición sine qua non para transixir o comité de empresa, que esixía que o artista for Bad Bunny. Finalmente as posibilidades están entre Pablo Alborán e Shakira.

A maiores, se aumenta o rendemento máis dun 3, Alonso comprométese a facer maiores rebaixas nas latas de atún non aptas para a comercialización, que xa dende hai tempo vende aos seus traballadores. Así como un desconto adicional na compra dun apartamento nun bloque de pisos que detenta na Avenida da Constitución de Boiro.

„Estamos conformes co acordo. Cremos que recibir unhas azoutas unha vez por semana é aceptable sempre que teñamos un día máis de festa. Co que non estou moi de acordo é co de que queiran traer a Shakira, pois a moi pelandrusca é a muller dun recoñecido independentista. Eu quería que trouxesen a Manolo Escobar, pero bueno, éche o que hai“. Declaraba Antonio Suárez Pereira, representante dos traballadores.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty