A Guardia Civil pide moita precaución para as Festas do Monte

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 28408 Compartes

Según unha nota de prensa publicada pola Guardia Civil do posto da Guarda, pídese a todos veciños que pretendan participar no desfile e troulada das Festas do Monte que teñan moita precaución; sospéitase que un grupo organizado está planeando subir ó monte portando garrafóns de viño picado para convidar os viandantes e aproveitar o caos reinante para beber o viño das bandas.

Advírtese en concreto os membros da Banda Negra que extremen as precaucións xa que este grupo de delincuencia organizada móvese pola zona de xuntanza da devandita Banda.

Asimesmo os axentes do posto da Guardia Civil da Guarda facilitan á veciñanza unha foto do líder do grupo de delincuentes, que lle foi tomada nunha detención anterior, co fin de facilitar a identificación de estes individuos e tentar de impedir que se aproveiten dos romeiros para cambiarlles vinagre por viño.

Dende a Comisión das Festas do Monte califican estes actos coma deleznables e piden a tódolos romeiros que vixíen ben os garrafóns se queren evitar sorpresas.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty