Luis Villares propón unha única candidatura de consenso de tódolos partidos para loitar pola Xunta de Galicia

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 73342 Compartes

Hoxe Luis Villares, o príncipe do lucro cesante e voceiro único e indiscutible do partido instrumental En Marea, ven de facer pública a súa proposta de conformar unha candidatura única que encabezará el mesmo para arrebatarlle a Xunta ao Partido Popular.

O xuiz en excedencia e que no seu momento solicitou chofer, asistente e unha remuneración polas perdas económicas que lle supuxeron a súa irrupción na política, busca así unha maior unidade dos partidos. Unidade que se traduciría nun proxecto no que todas as galegas que non saben a quen votar se visen representadas.

Buscando esa unidade popular o voceiro de En Marea, que nas últimas primarias fixo tongo para poder gañalas e seguir mantendo o control orgánico do partido, anunciou que el mesmo encabezaría esa candidatura, candidatura que quedaría aberta a todos os partidos e forzas que queiran sumarse para poder acadar algo máis dos 16.000 votos que En Marea acadou o 28 de abril e cos que non acadou quitar representación nas cortes do estado.

A proposta lanzada, pon fin a un ano de moito traballo de fontanería feito pola coordinadora de En Marea que o propio xuiz preside, sobre todo despois do tema das famosas auditorías encargadas ao Colexio de Inxeñeiros Informáticos de Galiza que nunca se chegaron a amosar.

Luis Villares busca así dar forma ao proxecto moribundo de En Marea, buscando que certas forza anodinas e pecularies se sumen ao seu proxecto.
Con respecto á transparencia de ditas eleccións autonómicas o señor xuiz ameazou que si consideran que o propio proceso de eleccións presenta dúbidas ou algunha irregularidade, será a coordinadora de En Marea quen se faga cargo de todo o proceso, garantindo así unha total transparencia do proceso e buscando que os resultados sexan os máis óptimos e os máis acaidos para o proxecto.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty