MAZARICOS, O AMIGUISMO E A OPACIDADE DÁS CONTAS PÚBLICAS SAIRON A RELUCIR NO ÚLTIMO PLENO.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

2059 24416 Compartes

Mazaricos, Novembro 2016

Despois do último pleno no Concello de Mazaricos que levantou moita espectación entre a veciñanza pola batería de preguntas do voceiro do (PP) Nico Almallo ao alcalde (BNG) Xoán Branco. Parece ser que despois de estes meses de gracia que a oposición popular tratou de dar o goberno frentista, e visto a deriba nunha nefasta xestión municipal, foi o que colmou os límites do PP. O lider popular preguntou entre outras cuestións, polo gasto en redes sociais e publicidade (máis de 40.000€/ano) sufragados cos cartos de tódolo/as veciños e Veciñas de Mazaricos a unha empresa "externa" propiedade de cargos e de afíns o BNG. Resulta que este traballo o viñan desempeñando anteriormente os traballadores do concello sen maior gasto, e o poderían seguir facendo sen acarrexar ese dispendio económico. O portavoz popular tamén lle preguntou o rexedor sobre as contas da financiación municipal á asociación gandeira, ante estes interrogantes, o alcalde NON SOUBO DAR RESPOSTA NIN CONCRECIÓN NINGUNHA, e "moi nervioso e alterado" con palabras escuetas tratou de escudarse saindo pola tanxente, sacando inmediatamente nun xornal dixital a noticia de que non se debate o orzamento e preguntan polo gasto.

OS POPULARES RESPONDEN

"O Sr alcalde non é moi dado as contas... pero debería saber que cando se pregunta polo gasto, tamén se cuestiona o orzamento, xa que se entende sobradamente que o gasto municipal sae dos orzamentos públicos do concello ( parece ser que no BNG non o entenden así, e se poñen moi nerviosos cando se lles pregunta polo gasto e adxudicacións opacas que rozan cando menos a alegalidade.
Preguntar é obriga inexcusable da oposición! Ainda que o alcalde lle moleste que se pregunte a que se destinan os cartos de tódolos veciños de Mazaricos".

Aprobados os segundos orzamentos desta lexislatura polo BNG, gozando e primando a súa maioría absoluta. Unha gran maioría dos veciños tan só poden resignarse vendo como todo aquilo que se prometia en campaña, levouno o vento...

Este goberno segue nunha senda de privatizacións encubertas dos traballadores municipais que viñan prestado os servicios, ( limpeza de camiños, obras, redes sociais...) e que son suplidos sistematicamente por empresas amigas afíns o BNG que saen moito máis caras, lucrándose dos cartos de tódolo/as veciñ@s de Mazaricos. Xa que este goberno prioriza o partidismo e o amiguismo duns poucos a conta dun concello que se asemella cada vez máis o seu "cortijo" que a casa soberana de tódolos veciñ@s. Será que os favores da campaña electoral hai que devolvelos.

Este es un sitio web satírico. No lo tomes en serio. Es una broma.

loading Biewty